SERVIZOS
Se o que buscas é un Estudio de Interiorismo e Decoración que capture, xestione e execute a túa idea e faga un seguimento completo do proxecto desde o inicio ata a entrega das chaves ALZA é o teu estudo.
Comercial
Analizamos minuciosamente as necesidades da transformación do local comercial para adaptalo ao novo proxecto empresarial e facelo o mellor reflexo da identidade e dos valores da súa empresa. Neste proceso confiamos no noso equipo de gráficos para levar a cabo a imaxe corporativa do negocio e o visual merchandising para a categorización, zonificación e exhibición de produtos para entregar o proxecto totalmente á medida.
Residencial
A nosa premisa é conseguir espazos con esencia, funcionais e atemporais, para iso é necesario facer unha boa lectura tanto do espazo como das persoas que o habitan. Caracterízámonos por seleccionar coidadosamente a todos os nosos provedores e industriais para garantir a mellor calidade e executala nun tempo récord.